Abel Caballero criticou os orzamentos autonómicos de 2021 para Vigo que, unha vez máis, non atenden as necesidades da cidade. A cifra de investimentos é de 49,8 millóns, cando debería alcanzar os 273 millóns, en termos de poboación. En rolda de prensa, Caballero cifrou en máis de 2.000 millóns á débeda da Xunta nos últimos anos, unha cantidade á que a partir de agora hai que sumar 223 millóns máis.
Noutro orden de cousas, o alcalde trasladou unha vez máis a súa solidariedade aos hostaleiros cos que se vai reunir proximamente para pactar a data do acendido de Nadal. Tal e como avanzou, o Goberno local solicitará que a Xunta aumente o seu apoio ao sector ata os 75 millóns, moi por riba dos 15 millóns que nestes momentos ten previsto destinar a toda Galicia. En todo caso, puntualizou Caballero, segue a ser unha cifra moi baixa tendo en conta as perdas que afrontan estes empresarios.