Vigo | O BNG alerta das “graves deficiencias” na limpeza do hospital Álvaro Cunqueiro


O Bloque Nacionalista Galego alertou este xoves en Vigo das graves deficiencias no servizo de limpeza do Hospital Álvaro Cunqueiro denunciadas polo propio persoal. A deputada e portavoz de Sanidade do BNG no Parlamento galego, Montse Prado, e mais o portavoz municipal nacionalista no Concello de Vigo, Xabier P. Igrexas, mantiveron un encontro con representantes sindicais dos servizos de limpeza, mantemento e cociña do HAC, no que constaron a falla de medios humanos e de medidas organizativas para reforzalos nun contexto de pandemia.

A deputada, Montse Prado, anunciou que o BNG denunciará esta situación no Parlamento galego esixindo explicacións á Xunta e esixindo que se despreguen, de inmediato, as medidas necesarias para reforzar a limpeza, advertindo de que “sen un axeitado traballo de limpeza a atención sanitaria vese desbaratada”.