34
O alcalde, Abel Caballero, deu conta do inicio dos traballos previos ao comezo da humanización de Taboada Leal -entre as rúas Don Bosco e Venezuela. Financiada en convenio coa Deputación de Pontevedra, esta obra ten un importe de 565.243,95 euros e un prazo de execución de 7 meses. En rolda de prensa, o alcalde avanzou que o resto da rúa vaise humanizar máis adiante e constatou que o tramo no que se vai actuar de xeito inmediato está moi deteriorado. Outra das humanizacións nas que xa está a traballar o Concello é a da rúa Tercio de Afora. Segundo aclarou Caballero, xa mesmo 18 veciños están a asinar cesións de terreos para poder ampliar as beirarrúas.