Vigo| O novo centro de saúde de Bouzas abrirá no primeiro semestre do próximo ano

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, confirmou que o novo centro de saúde de Bouzas estará operativo no primeiro semestre do próximo ano, e dixo que “unha vez rematada a infraestrutura, hai que proceder á súa dotación de mobiliario e equipamento, polo que a previsión é que antes do verán xa poda iniciar o seu funcionamento”. O conselleiro fixo este anuncio tras comprobar o avanzado estado de execución das obras do novo edificio sanitario.

No transcurso da súa visita, García Comesaña estivo acompañado pola delegada territorial, Marta Fernández Tapias; e o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente.

O novo centro de saúde, no que o Goberno galego está a investir preto de 1.4 millóns de euros, acometeuse para atender as necesidades de medicina xeral dos veciños do barrio de Bouzas, que actualmente reciben asistencia nos centros de saúde de López Mora, Beiramar ou Navia.

Unha vez posto en funcionamento, os pacientes se incorporarán cun criterio de voluntariedade; é dicir, se lles ofrecerá trasladarse ao de Bouzas, ou permanecer no que viñan tendo de referencia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha