Vigo | O paseo que afundiu no Marisquiño reabre case 4 anos despois

Este martes inaugurouse o renovado Paseo das Avenidas, no Porto de Vigo. A infraestrutura volve estar operativa case catro anos despois do seu colapso durante un concerto do festival de cultura urbana O Marisquiño. Un accidente que deixou 400 feridos. O investimento, financiado polo Porto de Vigo, ascendeu a 5,05 millóns de euros. A superficie acondicionada mide 12.414 metros cadrados. Consta dun paseo de madeira tropical de 2.601 metros cadrados e dun carril bici de case 600 metros. Tamén ten seis novas zonas estanciais con 40 metros de bancos, catro hamacas, prazas de aparcamento para bicicletas e unha nova iluminación. O acto de inauguración do novo paseo contou coa presenza do vicepresidente primeiro en funcións da Xunta e a delegada en Vigo, Alfonso Rueda e Marta Fernández Tapias; a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba; e a tenente de alcalde do Concello de Vigo, Elena Espinosa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha