Vigo | O TSXG avala a prórroga do contrato de Vitrasa e rexeita o recurso da FAVEC


O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de ditar unha sentenza que confirma a legalidade da prórroga da concesión do servizo de bus urbano acordada polo Pleno municipal en xuño de 2020. Na súa resolución, o alto tribunal galego rexeita o recurso interposto pola Federación Veciñal de Vigo contra a sentenza previa, en primeira instancia, na que un xulgado vigués declarou que a prórroga era conforme a dereito.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia comparte los argumentos da xuíza de primeira instancia e determina que “o intento frustrado de aprobar un novo expediente de contratación que finalizara cunha nova adxudicación do contrato levaba necesariamente a prorrogar o contrato orixinal, como así se fixo de forma motivada e dentro do prazo máximo previsto na cláusula 2.1 do prego reitor, polo que esta sala ten que confirmar o acordo plenario do 5 de xuño de 2020”.

O alcalde, Abel Caballero, acolleu con satisfacción esta sentenza que considera “axeitada e motivada” a decisión municipal e criticou á FAVEC por actuar como a “sucursal dun partido político”. Fixo extensivas estas críticas aos partidos da oposición que “quedaron desautorizados” polo alto tribunal galego.