37
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo validou este venres a normativa de adxudicación das prazas e matrícula nas nove escolas infantís municipais. No curso 2022-2023, o Concello sacará 674 vacantes para nenos e nenas de cero a tres anos, todas totalmente gratuítas “e o financiamento neste momento é ao 100% do Concello de Vigo”, así o asegurou o alcalde da cidade, Abel Caballero. O Concello manterá os criterios socioeconómicos vixentes á hora de adxudicar as prazas, que contemplan o baremo de renda, primando a aquelas familias con menos posibilidades económicas.