Vigo | Os concertos de Castrelos disporán dun servizo de transporte público para volver a casa


O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Vitrasa pon a disposición dos usuarios un servizo especial de lanzadeira con venda online anticipada de billete con motivo dos concertos de Castrelos. Co fin de que os cidadáns poidan planificar a súa mobilidade con antelación ó recinto e garantir a súa praza no transporte público, os billetes para o servizo de lanzadeira poden adquirirse de forma anticipada na web de Vitrasa (vitrasa.es), na web do Concello de Vigo ou na aplicación de venta online Woutick!.

O prezo do billete é o correspondente á tarifa habitual de transporte público. Aqueles usuarios que dispoñan de tarxeta PassVigo poderán introducir o seu número de tarxeta para beneficiarse da tarifa bonificada correspondente ó seu perfil no momento da compra.

A lanzadeira estará dispoñible á finalización do concerto e dará servizo as seguintes rúas: Castrelos – Camelias – Venezuela – Urzáiz – García Barbón – Sanjurjo Badía – Travesía de Vigo – Pizarro – Praza de España – Gran Vía. Para acceder á lanzadeira, os usuarios simplemente teñen que aportar o seu billete anticipado impreso ou no teléfono móbil.