Vigo peonaliza decenas de rúas os festivos para facilitar a distancia social

1 minutes read

Unha vez que se entra nas fases de desescalada, o Concello de Vigo quere ampliar os espazos dispoñibles para que a cidadanía poida, dentro dos saídas permitidas en cada momento, manter as distancias de seguridade. Co mesmo obxectivo, o goberno que preside Abel Caballero decidiu peonalizar decenas de rúas da cidade, inicialmente os domingos e festivos, e en vigor desde este venres, 1 de maio. Nestas rúas, os domingos e festivos, vaise respectar en todo caso o acceso rodado aos domicilios, a un máximo de 10 km/h, e tamén se favorecerá a prestación do servizo do transporte público urbano.