Vigo | Perde a vida tras envorcar o vehículo agrícola que manexaba

Un tractorista faleceu este sábado tras sufrir un accidente co vehículo agrícola que manexaba en Matamá, Vigo.

Unha persoa particular avisou a través do 112 Galicia dun home atrapado baixo un tractor no lugar de Vilar. Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron un equipo a bordo dunha UVI móbil sen que puideran facer nada por salvar a vida do condutor do tractor. 

Ademais, foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Vigo para liberar á vítima, que permanecía atrapaba baixo a máquina.

No operativo, participaron, tamén, os axentes da Policía Local e Nacional.  

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha