Vigo prevé iniciar a finais de ano a musealización da Fortaleza do Castro

1 minutes read

O alcalde, Abel Caballero, puxo en valor a obra polo que significará para a cidade e recalcou o financiamento da mesma por parte do Goberno de España, a través de fondos estatais. Explicou que a musealización da muralla do Castro permitirá abrir os túneles e poñer en valor “este grande ámbito da cidade”: as galerías da fortaleza, o túnel escavado na roca e recuperar o vello polvorín, que se refará “porque está en condicións moi deterioradas”. Así, a cidadanía poderá visitar estes espazos da fortaleza e gozar da musealización dos acontecementos históricos en defensa da cidade dos séculos XVII, XVIII E XIX. “É a continuación de todo o que estamos facendo na muralla do Castro”, apuntou. A previsión municipal é que o proxecto poida estar adxudicado no mes de novembro e, dende ese momento, iniciar a execución da obra.