Vigo | Proseguen as obras do túnel da Porta do Sol

Fano logo de recibir o informe de Patrimonio no que ratifican o documento da arqueóloga municipal e conclúen que “os restos atopados na rúa Elduayen non teñen singularidade especial relevante”.

O alcalde, Abel Caballero, sinalou que, polo tanto, seguen as obras tanto no tramo de Elduayen como na conexión de Policarpo Sanz coa Porta do Sol: “Imos quitar unha parte superior do Túnel dos Caños e seguimos coa obra. Entendemos que hai que velar polo patrimonio”, declarou.

Caballero anunciou que nas festas do Cristo, a praza da Porta do Sol estará rematada “como a gran praza peonil de Vigo”: “Estamos pavimentando e xa recibo felicitacións”, concluíu.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha