31
O goberno local vén de adxudicar a contratación da limpeza e desinfección de parques infantís, áreas saudables, pistas deportivas e instalacións ao aire libre para cumprir o protocolo Covid-19. Cun importe de 100.000 euros, este contrato permitirá abrir todos os parques infantís da cidade a partir deste mércores 26 de maio. Ata o de agora -e debido á obriga de desinfectar estes espazos a diario -, estaban abertos 15 áreas unha cifra que se elevará ahora a 141. Neste punto, o alcalde, Abel Caballero, lembrou que as instalacións deportivas municipais permitirán a entrada de público, cumprindo sempre as condicións que impón a autoridade competente en materia sanitaria.