O alcalde da cidade, Abel Caballero, deu conta da resolución provisional da concesión de subvencións para realizar accións destinadas á promoción de estilos de vida saudables. O Concello recibirá 700.000 euros de Fondos Europeos Next Generation EU para cofinanciar o proxecto de humanización da rúa Romil.
Tal e como detallou, o importe total da obra elévase a 1.255.000 euros, que servirán para rexenerar e acondicionar o espazo urbano, mellorar a mobilidade peonil ou eliminar obstáculos para favorecer a accesibilidade. Seguindo co que se está a facer no resto da cidade, esta actuación reducirá o ruído e mellorará a calidade do aire.
Outro dos obxectivos é incrementar a seguridade dos peóns no contorno, nunha zona con equipacións públicas como un centro educativo educativo con 400 alumnos e unha instalación deportiva. Deste xeito, crearase un corredor peonil escolar.