O alcalde achegouse ata a zona do Barrio do Cura xunto aos promotores e o arquitecto, Alfonso Penelas, responsable da obra logo de que a Xerencia de Urbanismo dera luz verde ao proxecto de urbanización, que supón unha inversión de 4 millóns de euros. Caballero explicou que a urbanización compleméntase con outros proxectos e obras, sempre a cargo da promotora, como a ampliación e humanización das rúas Pi y Margall, Llorente e Santa Marta. Tamén está en estudo un aparcamento público de 3 millones de euros. Tamén o Concello recibiu o proxecto básico da nova escola infantil. “Todo está a ser analizado para darlle o visto bo canto antes porque é moi importante para a cidade”, dixo o rexedor, ao que engadiu que “terán rapidamente as licenzas para a tramitación inmediata e poder facer esta gran transformación”.
23