Vigo reclama a gratuidade do aparcamento do Álvaro Cunqueiro

1 minutes read

O alcalde, Abel Caballero, solicitou unha vez máis a gratuidade do aparcamento do hospital Álvaro Cunqueiro nun momento no que a situación sanitaria converte esta medida en máis necesaria que nunca. En contraposición, o alcalde recordou que o goberno local habilitou prazas de aparcamento gratuítas nas zonas próximas aos lugares de vacinación, compensando á empresa concesionaria como corresponde ao igual que se fixo no período de confinamento cando suprimiu a zona XER. Outro dos asuntos que reclamou o rexedor é a cesión do 15% dos fondos que a Xunta recibiu do Goberno de España e de Europa, para persoal sanitario, de ensino, para desinfección, e para compensar á hostalaría e aos autónomos, dos que non chegou á cidade partida algunha.