Vigo reclama á Xunta de Galicia que transfira os fondos Covid aos concellos

1 minutes read

A edil de Benestar Social, Yolanda Aguiar, salienta que o goberno municipal destinou máis de 2,1 millóns de euros a axudas de emerxencia durante a pandemia para axudar a 37.700 persoas da cidade. Polo que o Concello reclama á Xunta de Galicia que transfira “inmediatamente” aos concellos as “cantidades inxentes recibidas do Goberno de España para afrontar, entre outras cousas, a política social”, tal e como fixeron outras comunidades autónomas como Castela e León ou Andalucía. Engade a responsable da área de Benestar Social que “os fondos Covid extraordinarios eran para os concellos, para afrontar a crise social e sanitaria derivada da pandemia”, ao seren as entidades locais a administración máis próxima á cidadanía. Demanda tamén que o goberno autonómico “deixe de facer política cos máis vulnerables”.