A nova estación de buses de Vigo estará ao carón da do tren e do centro comercial que se está contruíndo sobre a terminal ferroviaria, co que estará conectado a través dun túnel. Calculan que cada día as entradas e saídas de autobuses cheguen ás 500. O alcalde de Vigo destaca a colaboración entre as administracións para levar adiante este proxecto tan complexo no centro da cidade.
«Seguimos avanzando en Vigo e seguimos camiñando na senda que queremos. Moitas grazas, presidente, polo voso traballo, pola vosa acción e por facer que isto sexa unha realidade irreversible», asegurou Abel Caballero. Feijóo dixo que esta obra é un exemplo paradigmático da colaboración leal entre administracións e asegurou que a de Vigo é a intermodal á que máis cartos está dedicando a Xunta.