O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou a solicitude de 10,9 millóns de euros de fondos europeos para financiar un proxecto “ambiciosísimo” de transformación para seguir atraendo turistas a Vigo, “a cidade líder en turismo en Europa”. Concretamente, o Concello proporá a creación dun Centro multifuncional de turismo gastronómico e de recepción de visitantes na Praza da Igrexa, a construción dun miradoiro e dun ascensor panorámico no edificio do Concello e, por último, a instalación dunha rampla mecánica no Paseo de Granada. Tal e como detallou o alcalde, o goberno local solicitará 8,7 millóns para estas tres propostas. O Centro de promoción enogastronómico de Vigo prevé un investimento de 3.493.184,09 euros; o miradoiro e o ascensor panorámico no edificio do Concello, 1.350.000 euros, e finalmente, a humanización do Paseo de Granada tería un orzamento de 3.929.000 euros.
38