Vigo prolongará o túnel de Porta do Sol para peonalizar o Paseo de Alfonso

A Xunta de Goberno Local acordou iniciar as actuacións para prolongar a actual execución do túnel baixo a Porta do Sol -cofinanciadas con fondos FEDER da Unión Europea dentro do proxecto Vigo Vertical- ata o inicio de Torrecedeira, por debaixo do Barrio do Cura. Así, a peonalización da Porta do Sol terá continuidade en Elduayen -onde xa non sairía o tráfico rodado- e no Paseo de Alfonso.

Segundo avanzou o alcalde, Abel Caballero, baixo o Paseo de Alfonso existen restos da antiga muralla que circundaba a cidade. O Concello prevé realizar escavacións para delimitar a súa localización exacta e contar “con todos os informes arqueolóxicos precisos para que o túnel evite a muralla”, actuando en consecuencia “co respecto absoluto a todos os restos arqueolóxicos”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha