Vigo | Un home asaltou oficinas gabeando polas fachadas

A Policía Nacional busca o presunto autor de varios roubos rexistrados nas últimas horas en oficinas, en pleno centro de Vigo. Varias testemuñas viron o ladrón saltando de balcón en balcón e gabeando polas fachadas dos edificios.

A dona dun dos despachos da rúa Urzaiz, tras denunciar os feitos soubo que a policía buscaba de madrugada un delincuente que viran gabeando pola fachada dunha oficina noutra rúa e fuxiu. Supoñen que foi o mesmo que se refuxiou no seu despacho mentres o buscaban.

Para a súa sorpresa, o despacho, que é un auténtico templo cheo de valiosos recordos de 23 anos de profesión, estaba intacto.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha