Vigo | Vía libre á recuperación urbanística do Barrio do Cura

1 minutes read

O pleno do Concello de VIGO aprobou este xoves, nunha sesión extraordinaria, a modificación puntual do Plan Xeral de 1993 para reordenar e urbanizar o ámbito do Barrio do Cura, cos votos favorables de PSOE e PP, o voto en contra de Marea de VIGO, e a abstención do concelleiro non adscrito. A edil de Urbanismo, María José Caride, defendeu que esta modificación permitirá a «transformación integral» dese ámbito, que é «imprescindible» debido á «degradación» e á situación de » insalubridade» da zona, en pleno centro da cidade, á beira do Casco Vello. Ademais, engadiu, esa urbanización complétase con actuacións públicas na contorna, como a peonalización de Porta do Sol, a próxima recuperación da Panificadora ou as melloras de mobilidade a través do programa Vigo Vertical.