Vigo xa garda unha das coleccións completas da revista Nós


Vigo suma ao patrimonio municipal 6 tomos dunha colección completa da revista Nós. Abel Caballero asinou a doazón feita por Avelino San Luis, anterior responsable de ámbito económico do Concello e que exerceu de xefe de Protocolo.

O alcalde cualificou a recepción “de gran importancia” porque “estamos a falar dunha revista de rango histórico da maior importancia, que foi una publicación destacada no ámbito cultural do século XX que pretendía universalizar a cultura galega.

Caballero explicou que os seis tomos están forrados en pel, con artigos de importantes personaxes e figuras do galeguismo histórico. Os 6 tomos da revista Nós estarán na Escola Municipal de Artes e Oficios.