VIH | A mellor medida contra a infección é a prevención


Nesta xornada que se celebra o Día Mundial da Sida, Sanidade incide na prevención como a mellor medida contra a infección polo VIH, ao non existir nin vacina nin tratamento curativo. Unha das campañas máis importantes no fomento do diagnóstico precoz do VIH en Galicia é o programa de probas rápidas. Estas probas empregan unha mostra de saliva, son gratuítas, anónimas e están accesibles para a comunidade, a través de entidades colaboradoras situadas nas catro provincias galegas. Cabe resaltar a necesidade de manter unha colaboración estreita e de continuar co traballo en equipo entre administracións e asociacións, atendendo a quen máis o precisa, proporcionándolle maior e mellor expectativa e calidade de vida.