VII Trofeo Solidario Os Petóns o 31 de agosto en Buño

O Trofeo Solidario Os Petóns acada a súa sétima edición consolidado como unha das principais citas de toda a Costa da Morte nas que deporte e solidariedade van da man. Nesta ocasión os equipos convidados son o Corme CF e o CF Dumbría, que deste xeito contribúen a demostrar tamén que os partidos non só se xogan nos campos de fútbol.

Este sábado foi presentado no salón de plenos de Malpica o cartel deste VII Trofeo Solidario Os Petóns, que se disputará o sábado 31 no campo de Xaviña (Buño). No acto participaron o alcalde de Malpica, Walter Pardo; a primeira tenente de alcalde, Tamara Torrado, e o concelleiro de Deportes, Daniel García Reixía. En representación do club acudiron os capitáns, Sergio Bastón e Javier Fernández, e o presidente, Roberto García.

O alcalde agradeceu o xesto solidario da UD Cerqueda e dos outros dous equipos participantes, e destacou, así mesmo, a importancia da participación das categorías inferiores para crear conciencia tamén entre os máis pequenos. Os fondos que se recaden na xornada deportiva do vindeiro sábado irán destinados un ano máis ao banco de alimentos do Concello de Malpica.

O calendario de partidos é o seguinte:
16.00 horas: UD Cerqueda-Corme CF (infantís)
17.30 horas: UD Cerqueda-Corme CF (cadetes)
19.30 horas: UD Cerqueda-CF Dumbría (sénior)

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha