Viki Rivadulla inaugurará en Malpica a mostra “Carrexadoras”


O Centro Cívico do Concello de Malpica acolle este venres, 20 de maio ás 19.00 horas, a inauguración da mostra da obra “Carrexadoras” con Emma Abella e Miguel Mato, asinada por Viki Rivadulla. A exposición, asinada pola artista plástica de Muxía, mestura acrílico con canvas nunha serie de cadros que mostran ás mulleres da terra e que poderá visitarse ata o 30 de maio. Rivadulla é pintora e escultora autodidacta, e con obras asinadas sobre porcelanas e artesanía xeral, conta ademais con experiencia docente. Unha acción cultural promovida polo Concello, a través do departamento de Educación, Cultura, Patrimonio e Deporte, dentro do programa “Malpica nun mar de letras 2022”.