Viki Rivadulla presenta en Santiago ‘Atlánticas. Mulleres do Nordés’

Vicki Rivadulla Facebook

  • A mostra poderá visitarse ata o 25 de marzo no Pazo de Fonseca

Desde este luns e ata o 25 marzo o claustro alto do Pazo de Fonseca, en Santiago, acollerá a exposición Atlánticas. Mulleres do Nordés, da artista muxiá Viki Rivadulla.

Nas súas redes sociais a pintora sinalaba que durante a xornada de hoxe daría a coñecer máis detalles. Polo de agora sabemos que ‘Atlánticas’ nace como «unha declaración de principios e unha toma de postura ante unha forma de vida e unha cultura do mar da que a autora forma parte por legado e por desexo», afirman desde a Área de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela, organizadora da mostra.

A exposición poderá visitarse de luns a venres de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20.30 horas.