Vilaño celebra na tarde deste sábado a súa V Carreira Popular do Apóstolo


A parroquia de Vilaño, na Laracha está preparada para celebrar por todo o alto o evento máis multitudinario do concello, que por mor da pandemia tivo que ser cancelado nas edicións de 2020 e 2021, e que este ano pechou inscripcións con 623 persoas.

Máis de 160 serán os participantes que tomarán a saída  na proba raíña de adultos, os 10K. Entre os nomes que podemos atopar na lista destacan o do vencedor de edicións anteriores, Amador Pena, tamén o de Antón Ruanova, o de Martín Regueira, Angel Maceiras, José Antonio . Ou o do segundo clasificado, o atleta de Culleredo “Manute” Pérez. Os que Señarís e Amadeo Abal recén chegado de Valencia para disputar esta proba. Ademáis, outros 151 participantes correrán nas distintas categoría escolares.

No referente a andaina saudable e solidaria que se disputa de forma paralela á carreira popular, hai 309 persoas anotadas, que encherán as ruas de Vilaño de alegría e solidariedade, ao mesmo tempo que se desenvolve a proba de adultos.. Cabe recordar que a metade da recaudación da Andaina saudable e solidaria vai destinada a Cáritas de A Laracha e a AECC.

A quinta edición da Carreira Popular do Apóstolo implicará cortes ao tráfico nas principais vías que conectan Vilaño co casco urbán, e que estarán controladas por un total de 5 policías locais e 20 voluntarios de protección civil que se encargarán de regular a circulación ao largo dos dez quilómetros dos que consta o percorrido da proba e que terá lugar o próximo sábado. As principais carreteras de entrada a Vilaño serán cortadas ao tráfico as 17:30 horas. A Organización conta con un amplo aparcamento no lugar de Quintáns que estará debidamente sinalizado desde o casco urbán (Carretera A Laracha – A Silva, km1; no Lugar de Formigueiro xirar á dereita dirección Quintáns).

No referente á recollida dos dorsais e camisetas púidose facer con antelación o venres, o día previo á carreira, no Carrefour de Coristanco desde as 17.00 ata as 21.00 horas. Ademáis, o propio día da proba poderanse retirar no Centro sociocultural de Vilaño ubicado no Adro de Vilaño, en horario de mañá (de 11.00 a 13.30) e durante a tarde a partires das 15:00 e ata 15 minutos antes da saída de cada proba.

HORARIOS DAS PROBAS

17.50 – Benxamín/Alevín (nados entre o 2011 e o 2014) – 1,1 km

18.10 – Infantil/Cadete (nados entre o 2007 e o 2010) – 3,8 km

18.45 – Pitufo (nados entre o 2015 e 2019) – 0,11 km

19.00 – Adulto (2002 ou antes) – 10km // Xuvenil (entre o 2005 e o 2006) – 5 km

19.05 – Andaina Saudable-Solidaria – 3,8 km

A todo isto hai que engadir o duro traballo da propia organización do evento, levada a cabo pola Asociación Adro de Vilaño, que contará con 50 persoas que asistirán aos participantes para que non lles falte ningún detalle. Cabe destacar que presentarán unha zona habilitada para gardería, con monitores especializados para o coidado dos máis pequenos. Tamén haberá pinchos ao remate do evento e mesmo servicio de fisioterapia.