Vilanova, Catoira, Pontecesures e Valga defenden a marca Mar de Santiago

1 minutes read
  • O obxectivo é crear un selo de calidade turística que promova os atractivos da ría de Arousa e do río Ulla cunha oferta diferenciada e segura.

A Xunta apoia a creación e promoción da marca Mar de Santiago e o seu desenvolvemento por parte dos concellos de Vilanova, Catoira, Pontecesures e Valga. A través da Axencia Turismo de Galicia, destinaranse algo máis de 120.000 euros a este proxecto, que se enmarca dentro dos obxectivos do Plan estratéxico Turismo de Galicia e que aposta polo turismo de calidade e sostible, pola oferta diferenciada e pola fortaleza de Galicia como destino seguro e da marca Mar de Santiago como modelo de turismo tranquilo. O Plan de activación turística e márketing dixital busca, ademais da consolidación da marca Mar de Santiago, o desenvolvemento de estratexias de produto que distingan o Camiño de Santiago, a oferta gastronómica, a paisaxe, o turismo rural ou o relixioso, ademais de elaborar un documento para afianzar a marca como destino competitivo con gran valor estratéxico na economía galega.