Vilanova de Arousa acolle a III edición da Feira da Conserva

Na terceira edición da Feira da Conserva de Vilanova, que se celebra ata o vindeiro domingo nas inmediacións do Xardín Umbrío, participarán arredor dunha ducia de empresas co obxectivo poñer en valor os diferentes produtos que se extraen do mar ou que os acompañan a través de múltiples receitas. Ademais haberá actividades complementarias como un taller titulado Ciencia divertida para as familias, catro showcookings a cargo do chef Miguel Mosteiro e actuacións musicais que aportarán o toque lúdico a estas xornadas. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou este venres na inauguración, onde destacou o papel transcendental que ten o sector transformador de produtos do mar na subministración de alimentos saudables á cidadanía. “A conserva galega é sinónimo de calidade”, asegurou a responsable autonómica incidindo na importancia dunha industria que é tamén referente a nivel internacional.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha