Villares | En Marea será a chave para un cambio de goberno o 5A

0 minutes read

O voceiro de En Marea, Luís Villares, avanzou trala celebración do Consello das Mareas, cal é a posición da formación de cara á cita electoral autonómica do vindeiro 5 de abril. Villares apuntou que as enquisas ofrecían datos diferentes, pero en case todas “hai unha coincidencia: as forzas progresistas non suman para conseguir un cambio de goberno na Xunta de Galicia”. O voceiro apuntou que con esta dinámica “os partidos pequenos serán máis determinantes para conseguir sumar unha maioría progresista” e sinalou que os votos de En Marea poderían ser “chave” para un cambio de goberno en Galicia.