Villares reivindica a defensa de Alcoa fronte aos que permiten a morte industrial da Mariña

En Marea continuará defendendo os intereses dos consumidores fronte aos abusos das grandes empresas eléctricas, e traballará para que as factorías de Alcoa continúen funcionando e manteñan a totalidade dos seus postos de traballo. É o compromiso que este sábado o voceiro volveu deixar en Viveiro. Alí Luís Villares denunciou a nefasta xestión de PP e PSOE, que durante anos priorizaron os intereses persoais en detrimento de toda a cidadanía; e permitiron a morte industrial da Mariña lucense.

“Estamos aquí para defender Alcoa, para defender a industria e a todos os cidadáns da estafa da luz. Votar En Marea é votar futuro, é votar pola fin das estafas. Votar polo PP, igual que polo PSOE, é votar pola morte industrial da Mariña de Lugo”. Así falaba Luís Villares antes de participar nun acto en Viveiro xunto ás candidatas para o Congreso e o Senado Cristina Pérez Herraiz, Victoria Esteban e Manuel Germade. O voceiro de En Marea animou ao ex presidente Mariano Rajoy; que recentemente ven de reaparecer na primeira liña política para arroupar a campaña electoral do Partido Popular; a dar explicacións sobre a situación da Mariña.

Luís Villares lembrou a importancia de Alcoa, unha planta que aporta o 33% do PIB de toda a província de Lugo; e á que o Partido Popular e o PSOE teñen deixado na estacada. “A regulación do sector eléctrico supuxo grandes beneficios para empresas nas que agora están colocados ex presidentes do goberno facendo de lobbys, de forma absolutamente corrupta, para beneficiarse e beneficiar esas empresas en detrimento de toda a cidadanía. E iso pode dar lugar ao peche de Alcoa”, denuncia Luís Villares.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha