Vimianzo | A alcaldesa e a conselleira de Infraestruturas tratan a cesión de varias vías

Cedida

  • Son vías de titulariadade autonómica como varios tramos antigos da AC-432 ou algúns puntos da AC-552

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e o tenente de alcaldesa, Víctor Muíño, reuníronse este venres coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para tratar a cesión de varias vías de titularidade autonómica como certos tramos antigos na AC-432 (que transcorre por Bribes, Calo e Tras do Ceán) ou algúns puntos da AC-552.

Durante o encontro tratáronse tamén varios temas de interese xeral e a rexedora soneirá agradeceu a Ethel Vázquez «a súa disposición á hora de atender os intereses das veciñas e veciños de Vimianzo».