- Na reforma do almacén investíronse 43.089,35 euros
O Concello de Vimianzo rematou a reforma integral no almacén da antiga escola de Reboredo, actual centro socioformativo, e onde se poderán desenvolver por primeira vez actividades de cociña nun lugar deseñado exclusivamente para este fin. No proxecto investíronse 43.089,35 euros, dos cales 34.643,84 euros corresponden á aportación do GDR Costa da Morte.
Nos traballos reparouse completamente a cuberta, adecuouse o interior para facelo habitable, e instaláronse dous completos equipos de cociña.
Con esta intervención “abrimos a posibilidade de desenvolver outro tipo de actividades culturais e gastronómicas, ampliando así a oferta, á vez que recuperamos parte do edificio, co que o resultado é doble”, sinala o edil de Obras, Miguel Ángel Pérez.