Vimianzo | A oficina técnica para asesoramento en temas do Catastro continuará un mes máis

1 minutes read
  • Desde o Concello sinalan que xa están chegando respostas a varios recursos

A oficina habilitada na Casa da Cultura de Vimianzo para asesorar a aqueles veciños afectados polo proceso de valoración colectiva do Catastro continuará activa ata o 22 de abril, en horario de 09:00 a 15:00 horas. Desde a Administración local sinalan que a «influencia foi tan positiva que xa están chegando as respostas ós recursos» e agardan que se resolvan no prazo de dous meses.

O Concello de Vimianzo enviou a documentación ao Catastro para corrixir os erros nos planos de normativa urbanística para que procedesen á súa descarga na base de datos e evitar así os mesmos. Desde o goberno local advirten á veciñanza que «ante calquera erro, deben presentar a reclamación pertinente para que o Catastro corrixa, tal e como se comprometeu o seu xerente, Benito Goicoechea, coa alcaldesa, Mónica Rodríguez».

Para ser atendidos na oficina, os interesados deberán concertar cita previa chamando ao 604 004 086, a través do enderezo electrónico cita.incidencias.catastro@vimianzo.gal ou de xeito presencial no propio edificio.