Vimianzo | A praza do Concello acollerá este sábado a película ‘Cuñados’

1 minutes read
  • O aforo será limitado. As entradas poden recollerse na Casa da Cultura en horario de 9:00 a 14:00 horas

A praza do Concello de Vimianzo acollerá este sábado, 10 de xullo, a proxección ao aire libre do filme Cuñados, protagonizado por Xosé Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez, Eva Fernández, Iolanda Muíños, María Vázquez e Mela Casal. Comezará ás 22:30 horas. O aforo será limitado e as entradas poderán recollerse na Casa da Cultura en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Esta comedia, dirixida por Toño López, conta a historia de Eduardo e o seu cuñado Sabonis, que acaban de meter a zoca nun dos seus negocios e precisan de cartos para refrotar a situación.

Será obrigatorio respectar as normas sanitarias.