Vimianzo | A ‘Torrada de Moscoso’, da cervexaría Risco, premio ao mellor pincho irmandiño

Cedida

  • O restaurante A Lagoa levou o galardón ao mellor decorado.

Na tarde deste mércores procedeuse ao reconto de votos do público que participou no concurso dos XIII Pinchos Irmandiños de Vimianzo. Unha edición na que os participantes puideron degustar ata 12 petiscos do 28 de xuño ao 2 de xullo, coincidindo coa celebración do Asalto ao Castelo.

O primeiro premio recaeu na ‘Torrada de Moscoso’, da cervexaría Risco, mentres que o restaurante A Lagoa logrou o galardón ao mellor decorado.

A rexedora, Mónica Rodríguez, felicitou a todas as que persoas que «fixeron desta nova edición unha das máis competidas que se lembran polo esforzo, adicación e, sobre todo, afán de superación».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha