16
- Mecanografía, robótica, ofimática para estudantes ou aprendizaxe para o uso do DNI electrónico son algúns dos puntos do programa
Desde este venres, e ata o 17 de xuño, xa é posible inscribirse para as actividades de informática que se desenvolverán no municipio de Vimianzo durante os meses de verán. Deberán formalizarse no departamento de Promoción Económica do Concello e terán prioridade as persoas empadroadas en Vimianzo.
Mecanografía, robótica, ofimática para estudantes ou aprendizaxe para o uso do DNI electrónico son algúns dos puntos do programa que se realizarán na aula de informática da Casa da Cultura. As formacións son de balde e as prazas limitadas.
Consulta aquí os horarios e a idade que deben ter os participantes para cada curso.