38
- As visitas desenvolveranse do 18 ao 31 de maio
O Concello de Vimianzo abre por primeira vez o prazo de solicitudes para desenvolver excursións guiadas no Castro das Barreiras do 18 ao 31 de maio. Poderanse enviar a través do enderezo electrónico cultura@vimianzo.gal ata o 12 de maio e están dispoñibles para centros educativos, asociacións ou colectivos interesados nesta actividade. O guía será o responsable das escavacións, Tito Concheiro.
Desde o goberno local sinalan que «se trata dunha iniciativa para dar a coñecer non só o noso Castro das Barreiras; tamén dun xeito pormenorizado os traballos que alí se desenvolverán na nova campaña que comeza o vindeiro día 16 de maio».