21
- As clases desenvolveranse na piscina municipal do 26 de xullo ao 26 de agosto.
- As inscricións poden formalizarse ata o 22 de xullo a través da web municipal ou na Casa da Cultura.
O Concello de Vimianzo volve impulsar este verán os cursos de natación na piscina municipal, que se desenvolverán do 26 de xullo ao 26 de agosto. A inscrición para os mesmos abre este martes, finalizando o próximo día 22, e poderase formalizar a través da web municipal (vimianzo.gal) ou na Casa da Cultura. Estas actividades están destinadas a nenas e nenos nados entre 2015 e 2017, e 2009 e 2014. Haberá dispoñibles 60 prazas cun prezo de 10 euros.
O horario provisional para o primeiro día será ás 19:00 horas para aquelas persoas que non saben nadar e ás 19:45 horas para os que si. Tras a proba de nivel os monitores indicarán o grupo e horario de clases a cada alumno.