Vimianzo | Abren as inscricións para a andaina ‘Noite de petroglifos’

O Concello de Vimianzo abriu o prazo de inscrición para participar na ‘Noite de petroglifos’, que terá lugar o venres 23 de setembro. As persoas interesadas poderán anotarse ese mesmo día ata as 13:00 horas. Poderá facerse efectivo na seguinte ligazón: .  

Esta actividade será unha andaina circular de 4,4 quilómetros con saída e chegada na praza do Concello, e contará con guías de excepción, como David Roget e varios membros do colectivo A Rula. A luz das lanternas permitirá ver os gravados con todo luxo de detalles.

Visitaranse o Petróglifo de Somontemio, a Cruz do Loureiro e os Petroglifos do Prado da Cruz. A duración estimada do percorrido é de 3 horas. Será preciso levar lanterna e calzado axeitado para andainas por terreo montañoso.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha