Vimianzo acenderá as súas luces de Nadal o vindeiro 5 de decembro

Acendido do Nadal en 2024.

O Concello de Vimianzo prepárase para acender a maxia do Nadal por todo o alto. Farao o vindeiro 5 de decembro cunha gran festa pensada para desfrutar en familia.

Centos de persoas volverán reunirse baixo a carpa instalada na praza do Concello para darlle a benvida a estas datas co tradicional acendido, que se realizará ás 20:00 horas. A continuación, os máis pequenos e pequenas da casa poderán gozar co espectáculo ‘Tibu e os seus amigos’.

Como é habitual, non faltará a gran chocolatada de balde para todas as persoas asistentes no Recuncho Gastronómico, que se localizará dentro da propia carpa

Related posts

Novo protocolo de colaboración para o intercambio de iniciativas culturais entre Carballo e Montevideo

Más de 200 personas arroparon a Ramón Vigo en la presentación de su libro en Cee

A Agrupación Deportiva Un Paso Máis viviu unha xornada de xadrez como ferramenta pedagóxica e socializadora