Vimianzo acolle a obra de beléns artesanais de Gumersindo Capelo


Gumersindo Capelo Fornís é o autor da concurrida mostra de máis de 50 beléns artesanais, que este venres acompañou á Alcaldesa, Mónica Rodríguez, e concelleiros nunha visita guiada pola exposición.
Estes curiosos beléns artesanais elaborados por Gumersindo, afecionado ó belenismo e profesor en EFA Fonteboa permanecerán ata o 12 de maio na Sala Exposición Antón Mouzo da Casa da Cultura de Vimianzo. Tamén se pode ver un dos máis curiosos na entrada principal da propia Casa do Concello. A Alcaldesa, ademais de felicitalo polo marabilloso resultado do traballo realizado agradeceulle a este artista que escollese Vimianzo para expoñer a tan interesante “Mostra de Beléns Artesanais”.
Na mesma sala de exposición, tamén se pode ver a creatividade da rapazada que participou no concurso de postais de Nadal.