- Hai máis de 200 inscritos
Vimianzo acollerá este domingo o XIII Dúatlon de Reis con máis de 200 inscritos. Celebraranse por primeira vez unha proba específica para as categorías cadete, xuvenil e júnior ademais das Sub-23, absoluta, veterana e por relevos puntuables para o circuíto galego. Tamén se desenvolverán as probas de relevos por parellas en categoría masculina, feminina e mixta.
Poderán participar non federados con licenza dun día. A apertura de mesa será ás 8:30 horas e a saída do circuíto mozo está prevista para as 9:30 horas, mentres que a do circuíto galego será dúas horas máis tarde.
Seguindo o protocolo COVID-19, suprimiranse os servizos de vestiario e gardarroupa e só poderán acceder á zona da carreira os deportistas e persoal acreditado xa que non se permitirá público.