25
- O espectáculo, producido por Culturactiva Producións, enmárcase dentro da programación cultural desta primavera
Este sábado, ás 20:30 horas, Luis Iglesia e Marcos Orsi achegaranse ata o Auditorio de Vimianzo con Conexión Pingüín, unha divertida comedia sobre a incomunicación, na era da inmediatez e da tecnoloxía, entre dous intrépidos montañeiros que tratarán de chegar á Antártida. O espectáculo, producido por Culturactiva Producións, enmárcase dentro da programación cultural desta primavera posta en marcha desde o Concello.
Os espectadores poderán mercar as súas entradas unha hora antes do inicio da obra ao prezo de 5 euros (reducida 2.50€).