29
- Participarán aqueles veciños cunha idade comprendida entre os 40 e os 50 anos
O Sergas comunicou ao Concello de Vimianzo que procederá a realizar un novo cribado este sábado, 24 de abril, a aqueles veciños de entre 40 e 50 anos. Estas persoas recibirán un SMS coa citación correspondente. O municipio rexistra este venres un total de 12 casos.
O cribado terá lugar no centro de saúde da localidade, en horario de 09:00 a 15:00 horas. Haberá un dispositivo especial de control e seguridade no que participarán Policía Local e Protección Civil.