Vimianzo acollerá o sábado 3 de outubro unha campaña de limpeza do Río Grande

O Concello de Vimianzo, en colaboración de CocaCola e da asociación internacional Chelonia, celebra a campaña ‘Mares Circulares’ co obxectivo de promover a sostibilidade ambiental nos medios mariños e acuáticos.

A actividade que o municipio celebrará no marco desta campaña consistirá na limpeza do Río Grande.

Realizarase o sábado, 3 de outubro, en horario de tarde, entre ás 16.30 e as 20.00 horas. O punto de partida será e a casa da Cultura de Vimianzo.

Para poder participar será necesaria a inscrición previa, que terá que facerse na web https://www.vimianzo.gal/

Related posts

Conclúen as obras de renovación da rede de abastecemento de auga na Avenida Méndez Núñez de Caión

Portos e Concello de Fisterra acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios do peirao

Xornada Nova Economía para a Aldea do Século XXI, celebrada no Couto, en Ponteceso