Vimianzo acollerá este sábado unha charla sobre o autismo

1 minutes read

Esta semana Vimianzo será o escenario da charla ‘Comprender o autismo e as condutas que nos preocupan’. Levarase a cabo este sábado, 4 de novembro, na Casa da Cultura e terá unha duración de catro horas: de 10 a 14.

Esta sesión, de entrada libre, está dirixida ás familias e profesionais da educación. O obxectivo é que os asistentes coñezan dunha maneira máis ampla os comportamentos propios das persoas con Espectro Autista e algunhas prácticas útiles á hora de tratar con eles.

A encargada de facelo será a psicóloga, docente e especialista en autismo Marlene Horna Castiñeiras. Ademais, é autora do libro ‘Niños y niñas en el espectro del autismo. Comprensión y estrategias prácticas de apoyo educativo’, onde recolle parte dos coñecementos que impartirá na charla.

O Concello de Vimainzo e o Centro de Formación e Recursos da Coruña patrocinan o faladoiro e, pola súa parte, os diferentes centros educativos de Vimianzo tamén participan na iniciativa. Estos son: o CEIP Plurilingüe San Vicenzo, CEIP Baiñas, CEIP Castromil e a Escola de Educación Infantil Carantoña.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?