Vimianzo acollerá o programa “Cultivando Igualdade” a través de varios obradoiros


  • Celebrarase os días 19 de outubro, 29 de outubro e 12 de novembro

O Concello de Vimianzo acollerá en tres sesións diversos obradoiros enmarcados no programa que impulsa a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (FADEMUR), baixo a denominación Cultivando Igualdade.

Cultivando Igualdade, que terá lugar os días 19 e 29 de outubro e o 12 de novembro, componse de actividades de sensibilización adaptadas ao medio rural e inclúe 4 modalidades diferentes de obradoiros para a prevención da violencia de xénero. Van dirixidos a adolescentes e mulleres rurais co fin de tecer unha rede de espazos seguros contra a violencia de xénero na súa contorna, visibilizala e informar sobre os recursos e protocolos de actuación ante a mesma, traballando ademais no empoderamento e acompañamento das vítimas no seu proceso de saída.

Este programa tamén dá a opción da formación a distancia, polo que as persoas interesadas teñen dispoñible o contido en www.cultivandoigualdade.org.