Vimianzo acollerá os días 12 e 13 de setembro unha proba do SPEA RFME Campionato de España de Trial

1 minutes read

A cita, organizada por Moto Trial O Petouco, reunirá no concello destacados pilotos do panorama estatal para afrontar percorridos nos que a técnica, o equilibrio e a precisión marcan cada movemento sobre a moto. Unha fin de semana para achegarse ao trial e gozar de preto dunha das grandes competicións nacionais desta disciplina.

O Motoclub O Petouco está a traballar arreo para deixar preparadas as distintas zonas polas que discurrirá a proba. Traballo, ilusión e dedicación para preparar uns escenarios que prometen ser espectaculares e poñer a proba os mellores pilotos do panorama nacional.

Desde a organización queren agradecer especialmente a Josep Soldevilla Domingo, director da Comisión de Trial da Federación Española, a súa colaboración e axuda durante estes días, así como o seu asesoramento para que todo estea á altura dun campionato destas características.